O Canosa Abogacía visitaba o pasado sábado ao equipo do Bm Xallas.
O encontro comezaba cun Canosa Abogacía moi concentrado e querendo amosar un bo xogo. O ataque baseado na construcción de transformacións das xogadoras da primeira línea e o bo ritmo de xogo e movemento de balón, fixo que as nosas foran atopando ocos sinxelos e claros na defensa 5:1 das rivais, xerándolles serios problemas que non conseguiron solucionar nesta primeria metade.
Na fase defensiva cun sistema 6:0 o equipo estaba a ter problemas na zona central-lateral coa primeria línea do Xallas, xa que non se comezaron realizando ben as axudas. Máis tras varias boas intervencións da porteira e a defensa comezar a unificarse conseguiron robar varios balóns que fixeron ás nosas posicionarse cunha vantaxe de cinco goles ao descanso.
Resultado ao descanso: Carbónicas Landeira S.A. Bm Xallas 10 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 15.
Na segunda metade o Culleredo non saíu coa intensidade coa que rematara a anterior parte, o que lles pasou factura nos primeiros dez minutos. As malas conexións do ataque do Canosa xeraron pérdidas de balón e algunha saída en contraataque das rivais rompendo a defensa das nosas e poñéndoas en problemas no bloque central. Desta maneira o Xallas conseguía recortar a distancia no marcador e incluso posicionarse por primeira vez un gol por riva.
Pouco lles durou a felicidade, xa que a boa resposta, concentración e intensidade das nosas rapazas, sobre todo a nivel defensivo, conseguía poñer fin a este achegamento e mantivo a porteria a cero durante quince minutos. Este gran traballo defensivo trasladouse a unha subida rápida de balón e xogo en ataque, onde se puideron volver a ver situacións claras de superioridade aumentando así tamén a distancia no marcador.
Noraboa polo traballo realizado ao Canosa Abogacía que mantivo unha boa intensidade e amosou un bo xogo e traballo en equipo ao longo do partido para poder levarse os dous puntos. Posiciónase desta maneira na metade da táboa.
Forza Culle.
Resultado final: Carbónicas Landeira S.A. Bm Xallas 22 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 28.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Helena Portas, Daniela Pérez, Sara Villar, Sara Bello, Cintia Míguez, Thais Villaverde, Aldara Piñeiro, Martina Arroyo, Alba Sanmartín, Luana Gómez, Noa Otón e Antía García.
Carbónicas Landeira S.A. Bm Xallas: Aitana Rey, Noa Pose, Noelia Amarelle, Alison Caamano, Sara Pensado, Yasmin González, Athenea Mata, Dalia Pensado, Sara Souto, Xiana Facal, Amanda Martínez, Alba Arijon, Isabella Sofía Boet, Ariadna Filgueira, Naiara Pombo e Catalina Yunda.
Parciais cada 5´: 1-3/4-5/5-8/6-9/8-12/10-15/14-17/19-18/19-22/19-23/20-27/22-28.
Árbitra: Daniela Suárez Antelo.
Incidencias: Xornada 5 da Liga de Prata cadete feminina (grupo A), disputada no Complexo Deportivo Municipal de Fontenla, en Santa Comba.