Saltar ao contido

UN IRREGULAR FISIOTERAPIA BENESTAR SACA OS DOUS PUNTOS FRONTE O ATLÁNTICO

Derbi coruñés en Almeiras onde o Fisioterapia Benestar recibía ao Bm Atlántico. Un encontro onde o incio estivo marcado pola irregularidad defensiva do equipo local que permitía que o equipo visitante levara a iniciativa no ataque , e o Fisioterapia Benestar estivera a remolque sen iniciativa propia.

Nesta fase defensiva non estaban a xurdir a axudas defensivas nin as intencións tácticas para poñer en problemas o ataque visitante sempre o limite do ciclo de pasos.

Na fase ofensiva o xogo individual e a obsesión por botar o balón estaban a lastrar o Fisioterapia Benestar que pouco a pouco ia collendo ventaxa no electrónico pese ao xogo irregular que estabase a ofrecer, as continuas desconexións individuais estaban a lastrar o conxunto e isto hai que tomalo dende a perspectiva o aprendizaxe de que é un equipo .

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 16- Bm Atlántico 11.

Na segunda metade as cousas cambiaron , o Fisioterapia Benestar xa estaba a responder coma un equipo sobretodo a nivel defensivo que era o que estaba a fallar. 5 goles en 20 minutos demostraba o cambio de actitude e un. cambio a nivel grupal . As axudas defensivas e a organización comenzaron a xurdir ainda que os despistes defensivos individuais estaban a seguir lastrando certas situiacións de xogo .

Aínda así demostrouse que as cousas poden cambiarse con actitude e sendo un equipo. Non se pode agachar a cabeza por malas accións ou por malos momentos de xogo, ante os malos momentos hai que levantar a cabeza intentar cambiar a situación. Quizáis pesou moito o factor psicolóxico , un factor por momentos determintante.

Houbo outra actitude na segunda metade e isto quizáis foi o mellor do encontro . A fase ofensiva estivo moi desorganizaba e moi individualista , queda moito que traballar esta semana para afrontar un encontro compricado para finalizar a primeira volta desta fase regular.

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 35- Bm Atlántico 20.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández,Rosalía Veiga,Lola Romero, Carmela Eiras, Claudia Soto y Aitana Gestal.

Bm Atlántico: Xiana Novo, Daniel Mosquera, Aroa Vilariño, Sabela Crespo, Adriana Salgado, Erika Larre, Noelia Moreira, Ana Gajate, Lucia Meiriño.

Parciais cada 5`3-2/6-5/10-8/11-9/13-9/16-11/20-12/25-14/27-16/28-16/32-19/35-20

Árbitros: Nico Vázquez y Jorge Sánchez.

Incidencias: Xornada 5 da liga de prata cadete feminina, disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *