Saltar ao contido

O SUTENOR OBTÉN UNA HOLGADA VICTORIA NA VISITA A GUARDA

O Sutenor visitaba ao filial do equipo Iberdrola o Atlético Guardés, que viña de enfrontarse aos rivais máis duros da clasificiación . O encontro creaba moitas espectativas de ata onde podería chegar cada equipo .

No inicio do encontro quizáis o Sutenor estivo un puntiño máis arriba que o equipo local, aínda que non despegabase do marcador polas continuas pérdidas de balón na fase do contrataque .

No ataque posicional o equipo cullerdense foi capaz de atacar os espacios libres , sempre con movementes sen balón para sorprender e conquistar o espacio libre da defensa 3:3 do equipo local .

Mentres na fase defensiva o Sutenor tamén plantexaba unha defensa 3:3 máis profunda . Este sistema estaba a proporcionar pérdidas ou recuperacións de balón , o Sutenor estaba moi disciplinado e concienciado do plantexamento do encontro . Co paso dos minutos foise collendo un pouco máis de renta xa que primeiro no ataque estabase a ser eficiente sueperando as dúas liñas defensivas do Guardés, e na fase defensiva pese a algún erro en axudas defensivas o equipo estaba a ser disciplinado .

Resultado ao descanso : Atlético Guardés 16- Bm Culleredo Sutenor 24.

Na segunda metade o equipo estivo moito máis atinado , todas estiveron a aportar moito, tanto na fase defensiva onde tan só recibiuse 9 goles.Isto quizáis foi unha das craves do encontro , o equipo estaba cómodo en defensa e isto traducese en recuperacións de balón en contrataque que o Sutenor estaba a aproveitar para romper o electrónico .

Na fase ofensiva , a circulación de balón e o xogo colectivo estaba a destacar, os demarques sen balón estaban a ser una gran ameaza para o equipo local que non soubo resolver a problemática ofensiva proposta polo Sutenor.

Bó partido de menos a máis onde notouse a mellora tanto individual como colectiva.Pequenos pasos pero paso importantes de cara o futuro .

Noraboa pola victoria e a seguir competindo desta maneira.

Forza Culle.

Resultado final: Atlético Guardés 25- Bm Culleredo Sutenor 42

Atlético Guardés: Lúa Calderón, Marcela Sobrino,m Lea Lomba, Marta Fernández, Angela Martinez, Sabela Sousa, Amanda Alvarez, Julia Florez, Eva Perez, Daniela Alvarez, Carolina Reyes.

BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Candela Tizón, Salma Martinez,Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Aitana Gestal, Noa Otón , Celia Fuentes, Uxía Seoane y Sofía Orge.

Árbitros:Ania Lampón y Jonathan Rodrigeuz

Incidencias. Quinta xornada da liga de Ouro infantil femenina, disputada no pavillón de A Sangriña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *