Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, AÍNDA MÁIS LÍDER DESPOIS DA SÚA VITORIA EN LALÍN

EMBUTIDOS LALINENSE - BM. CULLEREDO - YouTube

Golpe encima da mesa o que deu esta fin de semana o BM.Culleredo Remax Riazor en Lalín e que fai posible que os cullerdenses se afiancen no máis alto da táboa de clasificación contando os seus seis partidos por vitorias. Ademais, o equipo aumenta a distancia cos seus inmediatos perseguidores, distanciándose xa en tres puntos do rival desta xornada (Embutidos Lalinense BM.Lalín) e do Montaxes Carballo Xiria, que se enfrontarán a próxima fin de semana entre eles.
O partido comezou igualado, amosando que o que estaba en xogo era, nada máis e nada menos, que o liderato da competición, con dous conxuntos separados por tan só un punto. Ambos conxuntos comenzaron calibrándose, sin moito éxito nas primeiras accións, pero pronto adquiriría as primeiras diferenzas o BM.Culleredo Remax Riazor grazas á evolución positiva da retagarda. En ataque, o equipo aínda se mostraba irregular, alternando boas accións con decisións imprecisas e erróneas, algo que tamén irían mellorando os cullerdenses co paso dos minutos. No momento no que todas as fases do xogo confluíron no máis álxido, o BM.Culleredo Remax Riazor dispararíase no marcador, conseguindo un parcial de 4-9 nos últimos quince minutos, para establecer unha cómoda vantaxe ao descanso (12-18). O conxunto de Culleredo, pecharía definitivamente o partido na reanudación cunha defensa excelsa (tan só 11 goles encaixados para un total de 22), completando un partido moi serio. Actuación coral de todo o conxunto de xogadores desprazados que interviñeron e contribuíron de forma sobresainte a este triunfo tan importante.

Embutidos Lalinense BM.Lalín: 22 (12+11). Luis Martínez, Mateo López, Borja García, Luis Rozas, Iago Alexandre Cuiña, Manuel Souto, Carmelo Couso, Xoel Rodríguez, Miguel Ramos, Sergio Sánchez, Diego Vázquez, Adrián Hermida, Mario García, Gabriel Pérez, Adrián Nogueira.

BM.Culleredo Remax Riazor: 35 (18+17). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Bruno Pardo, Hugo Rodríguez, Aarón Blanco, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Atalo Bello, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Adrián Veira.

Parciais cada 5´: 2-1 / 4-5 / 8-9 / 9-13 / 11-17 / 12-18 / Descanso / 15-22 / 17-25 / 17-29 / 18-30 / 20-31 / 22-35 / Final. 

Colexiados: José López e Diego Rivera.

Incidencias: Encontro correspondente á 6ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón Lalín Arena. Moitos seguidores: pais, nais, familiares e amigos, desprazados dende Culleredo para ver este vibrante encontro polo liderato da máxima categoría xuvenil galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *