1ªNACIONAL MASC. GRANITOS IBERICOS CARBALLAL VS BALONMAN CULLEREDO
Na súa visita á difícil pista de Carballal o pasado Sábado, o BM.Culleredo completou a que quizá sería a mellor primeira parte do que vai de curso, ou, polo menos, os mellores vinte e cinco minutos ,nos que estivo por diante do seu rival, chegando a contar ata cunha diferenza de tres goles (15-12). Cun xogo fluído e disciplinado tácticamente, o ataque cullerdense conseguiría impoñerse á retagarda local e ata "permitiríase" desperdiciar unha serie de ocasións de lanzamento ante o porteiro rival que sen dúbidas, houbesen incrementando os algarismos a favor nunha máis que zumarenta vantaxe. Nos últimos minutos do primeiro acto, cando a diferenza se establecía na máxima (12-15), os erros acumulados daban ás aos olívicos e os méritos anteriores diluíanse nun dicir amén. Un 6-1 de parcial encaixado sería, a postre, un lastre definitivo para o resto do encontro e máis que suficiente para que o Granitos Ibéricos Carballal tomase vantaxe no partido cando se chegaba ao termo do primeiro acto (18-16).
Na segunda parte, o conxunto de Culleredo difuminaríase co paso dos minutos e aínda que o tentaría cambiando a defensa e cun ataque de 7x6, non conseguiría achegarse ao seu rival. A retagarda non se vía capaz ante o posicional dos locais, que neste tramo mostráronse moi superiores á armazón defensiva do BM.Culleredo.
Granitos Ibéricos Carballal: 36 (18+18). Juan J. Novás, Samuel Rodríguez (1), Diego Rodríguez (7), Yago López (3), Iago García, Eduardo Alonso (6), Alejandro López (2), Gonzalo Arenas, Iván Soage (1), Samuel Barciela, Jorge Navarro (3), Rodrigo Mouco (1), Guillermo Rial (5), Gabriel Mesa (2), Ángel Rodríguez (3), Alex Figueroa (2).
BM.Culleredo: 27 (16+11). Xoán Varela (P), Jorge López (P), Alejo Martínez (3), Mario Bento, Manuel López (2), Alejandro Gómez (8), Marcos Regueiro (1), Daniel González (1), Pedro Pereira (5), Iago Ferreiro (1), Nico Casal, Nico Pérez (2), Marco García, Nuno Loxo (3), Darío Pérez (1), Adrián Díaz.
Parciais cada 5´: 3-2 / 5-6 / 8-10 / 11-12 / 14-15 / 18-16 / Descanso / 22-17 / 25-19 / 27-21 / 29-24 / 33-26 / 36-27 / Final.
Colexiados: Gonzalo Santamaría e José Carlos Soto.
Incidencias: 9ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado nun municipal de Carballal con media entrada.
Fotos do encontro: