Saltar ao contido

O Salume Cocinas saca adiante un compricado encontro

Tocáballe ao Bm Culleredo Salume Cocinas comezala competición de Liga Prata e facíao en Tarrío fronte aos  veciños do OAR Coruña.

Chegaba o Salume a este encontro con ausencias e baixas de xogadores, pero coas ideas moi claras e un obxetivo marcado na cabeza, loitar polo encontro e seguir crecendo nunha tempada que promete ser esixente.

Comezaban os nosos o encontro cunha defensa 5:1 que de inicio lles daba problemas aos rivais, xerando moitas dudas á hora de dar continuidade ao balón e forzando malas situación de lanzamento para os da Coruña.

No plano ofensivo sen embargo estaban os nosos moi espesos de ideas para atacala 6:0 rivais, con malas orientacións a portería e un xogo moi lento que non poñía en problemas aos visitantes. Sumando a todo isto a mala toma de decisións dos nosos, pasaban os primeiros 5 minutos do encontro e ningún dos equipos estreaba o marcador.

Comezaban agora os herculinos a facernos dano coas transformacións de primeira liña, ante as que nos desordeábamos e perdíamos as nosas responsabilidaes individuais, sen embargo as paradas de Mateo e os erros rivais permitíannos correr e mantela igualdade ao contraataque.

Cambiábamos ao 6:0 e coa transformación do seu extremo dereito decidíamos tentar cerrala pista e obrigar aos visitantes a xogar en menos espazo, donde coas axudas máis cerca éramos quen de frealas súas acometidas. En ataque comezábamos a atopalo camiño ao gol a partires das permutas altas e o xogo de amplitude, conseguindo irnos ao descanso 2 goles arriba.

A segunda parte sería un partido completamente diferente, donde a nosa defensa (salvo en momentos puntuais) era un bloque moito máis sólido e podíamos correr moito máis, unha mágoa os erros de lanzamento que nos impedían romper definitivamente o marcador.

Con todo chegábamos ao final do encontro cos nosos gañando de 7 goles e cos primeiros 2 puntos da que será unha esixente tempada.

Bm Culleredo Salume Cocinas: 41 (14+27) Hugo, Mateo, Alexis, Iván, Isaac, Alex, Mauro, Beltrán, Guillermo, Antón.

OAR Coruña 1952: 34 (12+22) Sorín, Santiago, Sergio, Hugo, Nicolás, Carlos, Isayas, Nicolás, Jose, Raul, Antonio, Pablo.

Árbitros: Martina Regueiro e Pablo Barreiro.

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *