Saltar ao contido

Victoria do Óptica Gallaecia no seu primeiro encontro oficial

Primeiro partido oficial do Bm Culleredo Óptica Gallaecia onde se enfrontaba  ao Garaysa Xiria C de Carballo.

Iniciaba o encontro cun Óptica Gallaecia froxo na fase defensiva, con varios erros nas axudas e na orientación que os rivais non dudaron en aproveitar, posicionándose durante os primeiros dez minutos do partido uns goles enriba. Na fase ofensiva tamén destacaron as perdidas de balón por malos pases e recepcións, debidas tamén aos nervios iniciais. Isto non fixo que o Óptica Gallaecia afroxara ou se viñera abaixo, senon que melloraron e solventaron erros, consolidando a defensa e conseguindo robar unha serie de contras para irse ao descanso seis goles por encima do Garaysa Xiria C.

Na segunda parte, os rapaces melloraron o xogo ofensivo, pero sobre todo o defensivo, e non dubidaron en seguir presionando e roubando balóns, aproveitando o cansancio dos rivais, para saír a contra, aínda que por momentos puidendo facer tamén un xogo máis estático pero igual de efectivo.

Ao longo do encontro puidemos ver como o Óptica Gallaecia ía collendo ritmo e adestrándose ao partido con máis gañas e menos nervios, e como puideron desfrutar deste primeiro partido oficial. Agora toca recargar forzas para a semana que ven, onde tocará xogar como visitante contra o Ribadosar.

Forza Culle!!

RESULTADO FINAL 40-18

BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA: Carlos Negreira, Mauro Fernández, Francisco Hermo, Pablo Hermida, Pablo Fraguela, Pablo Penelas, Jacobo García, Anxo Blanco, Hugo Nodar, Aarón Beade.

GARAYSA XIRIA C: Diego Varela, Mateo Viña, Iker Martínez, Fallou Adrian Thioune, Román Pérez, Héctor Antelo, Daniel Valencia, Antón Cortes, Pablo González.

PARCIALES CADA 5`: 0-1/3-5/9-9/15-13/20-14 // 26-14/30-15/37-15/38-17/40-18.

ÁRBITROS: Victor Pérez

INCIDENCIAS: Primeira xornada da fase previa de pretemporada de Prata, disputada no Pabellón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *